publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O cadáver atopado na auga en Portugal corresponde ao veciño de Entrimo desaparecido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O corpo localizado flotando na auga na freguesía portuguesa de Ermelo, Arcos de Valdevez, en Portugal, corresponde ao veciño de Entrimo (Ourense) desaparecido dende que saíra a pescar na tarde do martes. Fontes próximas ao operativo confirmaron que o cadáver foi identificado como José Manuel G.C., o veciño de Entrimo de 67 anos que era buscado tras atoparse o seu coche no lado portugués do Río Limia.

As mesmas fontes sinalaron que este xoves se lle practicará a autopsia ao corpo, que determinará as causas do falecemento tras ser identificado pola documentación que portaba unha vez recuperado o corpo na tarde do mércores. O CAE 112 Galicia activara o protocolo ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das emerxencias entre Galicia, Castilla-León e o Norte de Portugal.

23 de abril de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.