publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Burela FS leva o fútbol sala a Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaVilalba
A-
A+
Visita dos xogadores ao centro educativo

Visita dos xogadores ao centro educativo

O Burela FS Pescados Rubén entrou a semana pasada nas aulas do CEIP Terra Chá de Vilalba. Jorge Bellvert, Carlitos e Cristina levaron o fútbol sala de elite ao centro de ensino sito en Román, acompañados polo secretario técnico do club, Juanma Marrube.

O alumnado recibiu os representantes burelistas cunha marea laranxa de cartolina e un coidadoso traballo de investigación digno do mellor xornalista. Ademais de repasar a historia do club, co dobrete de campión de Liga e de Copa de España do equipo feminino e da recente estrea histórica do masculino na Copa de España Cidade Real, os preto de 60 pequenos/as, de entre 6 e 12 anos, tamén tiveron a oportunidade coñecer de preto a traxectoria, experiencia e anécdotas de Jorge, Carlitos, Cris e Juanma. Os laranxas despedíronse do estudantado vilalbés tras o xantar, despois dunha divertida mañá dando a coñecer o futsal.

O CD Burela FS Pescados Rubén pechará a tempada intensificando o seu programa de promoción do fútbol sala en idade escolar centrando as súas visitas nos centros de ensino da comarca da Mariña ao longo do mes de maio.

13 de abril de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.