publicidade hoxe

O alclade de Culleredo admite que avalou unha hipoteca sobre uns bens a un amigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Culleredo (A Coruña) e secretario provincial dos socialistas coruñeses, Julio Sacristán, admitiu que avalou “unha hipoteca sobre unha serie de bens” dun amigo “nun momento de necesidade”, pero rexeitou que cometese algunha “ilegalidade” ou que teña vinculacións coa promotora desta familia.

Nunha rolda de prensa, despois de que o diario ABC publicase que avalou por importe de 1,3 millóns de euros a unha promotora, Sacristán sinalou que se tratou dun aval “a un amigo”. “A unha familia moi querida por min, á que debo favores persoais,” apostilou.

Con todo, incidiu en que se tratou dun aval “sobre unha hipoteca” respecto a unha serie de bens que eran, segundo explicou, os que respondían da contía de case 1,3 millóns.

“Quen responde é esa hipoteca”, sinalou Sacristán, quen precisou que esta familia está a facer “fronte” a esta e que non foi necesario “utilizar” o aval.

OUTROS AVAIS

De feito, apuntou que nin el sabe qué contía tería que aboar en caso de que non se pagase a hipoteca sobre estes bens. “Se se deixase de facer fronte nalgunha cantidade, teríanme que dicir canto tería que avalar”, indicou.

Por outra banda, o alcalde de Culleredo recalcou que non tivo que “depositar nin facer nada en efectivo porque están a responder desa hipoteca”, ao tempo que confirmou que “non é a primeira vez” que avala.

En todo caso, dixo que a entidade financeira solo lle pediu a declaración da renda e negou que teña “un patrimonio oculto”. “O meu patrimonio é o que figura na declaración da renda”, recalcou Sacristán, quen indicou tamén que non ten “contas en Suíza nin nun paraíso fiscal”. “O que está declarado é o que hai”, engadiu.

A AMIZADE, ANTES QUE A POLÍTICA

Para explicar o aval, manifestou tamén que el é “amigo” dos seus “amigos” e que antepón a amizade “á vida política”, afirmou tamén para explicar por que avalou esta familia.

Por outra banda, indicou que nunca utilizou o seu cargo para “beneficio” propio “nin as cousas que podía saber para danar persoas”, sinalou ante as explicacións esixidas dende o PP de Culleredo.

Neste sentido, subliñou que, en 32 anos á fronte do Concello de Culleredo, “xamais houbo unha reclamación por que gastaramos algo en gastos de representación ou tarxetas”, precisou.

Sobre a promotora desta familia, recoñeceu que levou a cabo unha promoción de vivendas en Culleredo, pero indicou que nin é socio da empresa nin avalou “unha operación concreta”. A iso, engadiu que a promotora “non ten actividade”. “Finalizou unha promoción e punto”, sentenciou.

22 de abril de 2015 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.