publicidade hoxe

Naffta ficha a Miss Arxentina como imaxe da próxima colección de roupa deportiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A modelo arxentina Valentina Ferrer, de 23 anos e actual Miss Arxentina, será a imaxe da próxima colección de outono-inverno 2015-2016 de Naffta. Licenciada en Educación Física, Ferrer encaixa á perfección no perfil de muller Naffta, unha muller amante do deporte, dinámica e vangardista que busca pezas de alta esixencia técnica que lle acheguen comodidade, seguridade e que realcen a súa figura, pero sen renunciar á estética e ás últimas tendencias que marca a moda.

A súa crecente popularidade en América Latina –tras situarse entre as 10 finalistas o certame de beleza Miss Universo 2015- foi outro dos puntos decisivos para a súa elección, que enlaza directamente cos futuros plans de expansión da marca neste mercado.

A modelo atópase nestes momentos en Vigo traballando no catálogo da próxima tempada da marca. Esta mesma semana protagonizará diversas sesións fotográficas que terán como escenario diferentes puntos representativos da cidade e a súa contorna como son as canteiras do Porriño, a Universidade de Vigo, Samil ou Baiona.

Como parte da súa traxectoria profesional, Valentina Ferrer traballou para firmas destacadas do mundo da moda como Carolina Herrera, Chloé ou Cavali, e participou en pasarelas como a Mercedes-Benz Fashion Week de Nyeva York, Miami ou México.

21 de abril de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.