publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Monterrei asina un convenio con Abanca para mellorar a competitividade das adegas e viticultores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+

ABANCA e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei asinaron un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito aos produtores desta rexión vitivinícola. O presidente do CRDO Monterrei, Antonio Anxo Méndez Atanes, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pereira, asinaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego.

Este convenio promove a reactivación económicia por medio do crédito, unha peza básica para a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos xa existentes. Os membros da Denominación de Orixe accederán a produtos específicos deseñados por ABANCA para o sector vitivinícola como pólizas de crédito (con opción de pagos centralizados), desconto comercial, confirming, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou anticipos de subvencións sen comisións. Ademais, contarán con condicións melloradas na contratación doutros produtos do banco.

Os profesionais pertencentes á D.O. Monterrei poderán tamén acceder a partir do 15 de abril ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e cartóns, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques e outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os viticultores e adegas xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios, como o Plan Activamos asinado coa Deputación de Ourense ou os acordos chegados con ICO, Igape e SGR.

O CRDO Monterrei representa os intereses de 380 viticultores e 24 adegas, con 12 variedades de uva que configuran unha extensa oferta de viños brancos e tintos. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta adecuada para Pemes e autónomos.

10 de abril de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.