publicidade hoxe

Monforte acolle a final galega do taekwondo escolar de técnica, exhibición e freestyle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMonforte de Lemos
A-
A+

Este sábado 18 de abril celebrarase en Monforte de Lemos (Pavillón de A Pinguela) a final galega do taekwondo escolar nas modalidade de exhibición, técnica e freestyle. En total, máis de 600 participantes, que lograron a súa clasificación nas fases provinciais. Será a primeira vez que se reunirá no mesmo día e no mesmo lugar estas tres finais. Exhibición. A modalidade de Exhibición disputarase o sábado 18 pola tarde (a partir das 17:00 horas).

No Galego cadete participarán un total de 17 equipos (Tao A, B; Patiño Moaña A e B; Máis DXT Trabazos A e B; Mace Sport; Olimpic; Yidam CEIP Balaídos; Jansu; Escola Lucense de Taekwondo; Couto, Sares TKD, Maniotas Noia, Natural Sport Ribeira, Hebe e Natural Sada). En xogo está a clasificación para o Campionato de España de Exhibición. Por outra parte, o torneo infantil contará coa presenza de 17 equipos (Patiño Moaña A, B, C e D; Tao A e B; Natural Ribeira A e B; Hebe; Olimpic; Jansu; Couto; Mace Sport; Escola Lucense de Taekwondo; Yidam-CEIP Balaídos; Máis DXT Trabazos e Natural Sada).

Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan movementos, defensa persoal e acrobacias. Técnica e freestyle. Pola mañá celebrarase a final Galega do taekwondo escolar na modalidade de técnica nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. En total serán 322 deportistas que acadaron a súa clasificación nas fases provinciais (o 50% mellor clasificado logrou o pase para o Galego). Pola tarde (a partir das 14:00 horas) será o momento da modalidade de freestyle con 12 participantes masculinos y 15 mulleres. O freestyle é unha modalidade de recente creación que combina a técnica, con coreografía, música e acrobacias.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Estas finais serán organizadas pola Federación Galega de Taekwondo, o club Neka e o servizo provincial de Deportes de Lugo.

16 de abril de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.