publicidade hoxe

Mellora da sinalización viaria en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Instalación dos sinais

Instalación dos sinais

O Concello de Cerdedo en estreita colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra acomete a mellora na sinalización vertical das estradas de titularidade provincial. Tras o informe elaborado polo equipo de goberno que encabeza José Balseiros tras as visitas efectuadas a todas as estradas de titularidade provincial e percorrelas quilómetro a quilómetro, o Alcalde tramitou co organismo provincial a mellora da sinalización que se atopaba en moi mal estado de conservación, especialmente os sinais que indicaban os elementos turísticos como o caso do Eirado de Filgueira, os sinais de dirección ou distancias quilométricas.

Durante esta mañá os técnicos dunha empresa especializada acometeron estas melloras que se espera que queden totalmente finalizadas no día de mañá. Esta actuación completa as realizadas polo ente local de mellora das cunetas e limpeza das marxes de todas as carretas, para mellorar así as condicións de seguridade dos vehículos.

As melloras consistiron na substitución de 4 sinais triangulares de perigo, 2 circulares de prohibición, 12 sinais de dirección e 5 paneis de elementos de interese ou entes de poboación. Todos estes sinais cos seus correspondentes postes e ancoraxes no terreo. As estradas onde se actuou foron as seguintes: EP7102 SERRAPIO-PORTELA; EP7103 CERDEDO-CASTRO-QUIREZA; EP7101 CERDEDO-SABUCEDO-PORTELA E EP7104 CERDEDO-SANTO DOMINGO

23 de abril de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.