publicidade hoxe

Melide acolle o sábado os debates escolares “Modelo Parlamento Europeo, MEP”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

O vindeiro sábado día 2 de maio vai celebrarse en Melide a primeira edición galega dos debates escolares “Modelo Parlamento Europeo, MEP”, organizada por Agorae, a asociación galega para a promoción da oratoria en Europa, de recente creación. O equipo do IES Chamoso Lamas, adestrado polos profesores Clara Vázquez e Miguel Pereira, e os alumnos:Ana Fernández Justo,Lucía España Fariñas,  Yeray Diéguez Barreiro, Danarys Michel Constantine.

A actividade, celébrase por primeira vez en Galicia como resultado da colaboración entre a devandita asociación e os organizadores e promotores da actividade a nivel nacional, a Fundación San Patricio. Conta co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Melide, de tal xeito que a comunidade autónoma participa neste certame cunha representación de 10 centros de ensino. 

Os centros participantes nesta edición serán:

– IES Chamoso Lamas de O Carballiño
– IES Maruxa Mallo de Ordes
– IES A Pinguela de Monforte
– IES Eduardo Pondal de Santiago
– IES Antón Fraguas de Santiago
– IES de Melide
– Colexio SEK Atlántico de Poio
– ColexioLa Salle, de Santiago
– CPR PREMIR, de Santiago

Os temas que debatirán son:

– A política de cohesión e os nacionalismos na UE
– A prevención do uso do sistema financeiro para o blanqueo de capitais
– Programa xeral de Medio Ambiente da Unión / Ecoinnovación – Emprego e crecemento a través da política medioambiental
– Como promover a competitividade e sustentabilidade no emprego para as persoas con discapacidade na UE?

30 de abril de 2015 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.