publicidade hoxe

Medio Ambiente entrega ao Concello de Portas as obras de saneamento e abastecemento de Castro, San Roque e Briallos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortas
A-
A+

A Xunta de Galicia entrega hoxe as obras de abastecemento e saneamento en Castro, San Roque e Briallos, núcleos do concello pontevedrés de Portas. Con este proxecto dotouse aos núcleos do Castro e San Roque das infraestruturas necesarias para o saneamento, recollendo pola súa vez as augas residuais dos lugares do Outeiriño e Cima de Vila. A rede de saneamento coa que contaba o Concello de Portas era na súa maior parte separativa e con tres estacións depuradoras coas súas respectivas redes, pero que non estaban conectadas por mor da falta de conexión dos colectores.

Nese sentido, instalouse unha rede de abastecemento e saneamento de case 800 metros de PVC dun diámetro de 315 mm para a rede de saneamento de fecais, coa disposición dos seus respectivos pozos de rexistro;e tamén outros 800 metros, de 400 milímetros de diámetro.

No eido da rede de saneamento de pluviais, coa disposición dos seus respectivos sumidoiros; tamén foi necesario a colocación de case 750 metros máis colectores para a rede de abastecemento; e, por último, a instalación dunha depuradora compacta, soterrada, para 300 habitantes, cunha arqueta de pretratamento, un filtro biolóxico e un sistema de decantación, unha arqueta de saída e un conduto de vertedura.

Este tipo de proxectos garantes a subministración de auga en calidade e cantidade á poboación, neste caso aos máis de 3.000 veciños de Portas, e dótanse estas zonas dunha rede de abastecemento, co fin de evitar perdas de auga.

A partir deste momento, o Concello de Portas é o encargado do mantemento e conservación da infraestrutura hidráulica.

O investimento deste proxecto de mellora da infraestrutura hidráulica superou os 530.000 euros, aportados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

24 de abril de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.