publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 900 alumnos galegos coñecerán as instalacións de Meteogalicia este mes

Un total de 910 alumnos de 10 centros escolares e centros de ensino de Galicia coñecerán o funcionamento e as instalacións de Meteogalicia ao longo do mes de abril. Repartiranse nun total de 18 grupos para que coñezan as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Na seguinte táboa indícanse o calendario de visitas para o mes de abril ás instalacións:

Día

Hora

Centro

Curso

Concello

07-04-15

10:00

10:30

IES Plurilingue As Bizocas

Dous grupos de 1º e 4º da ESO

San Vicente- O Grove

08-04-15

10:30

Seminario Menor

20 alumnos de 1º de BAC

Santiago

09-04-15

10:00

IES Marco do Camballón

40 alumnos de 1º e 2º de BAC

Vila de Cruces

14-04-15

10:00

10:30

CPR Santiago Apóstol

Dous grupo de 55 alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC

Soutomaior

15-04-15

10:30

IES A Pinguela

20 alumnos de 3º da ESO

Monforte de Lemos

16-04-15

10:00

10:30

IES Fernando Wirtz

Dous grupo de 45 alumnos de 1º da ESO

A Coruña

17-04-15

10:00

IES Manuel García Barros

70 alumnos de 1º da ESO

A Estrada

21-04-15

10:00

10:30

IES de Mos

Dous grupos de 63 alumnos de 2º da ESO

Mos

22-04-15

10:00

11:00

IES Fernando Wirtz

Dous grupo de 45 alumnos de 2º da ESO

A Coruña

23-04-15

10:30

Colexio Os Sauces

42 alumnos de 3º e 4º de Primaria

Pontevedra

28-04-15

10:00

10:30

IES de Mos

Dous grupos de 62 alumnos de 2º da ESO

Mos

29-04-15

10:30

CEIP de Sigüeiro

48 alumnos de 5º de Primaria

Oroso

 

Estas actividades adáptanse e adecúanse ao nivel e intereses do auditorio, de modo que se profundiza máis ou menos segundo o devandito nivel. No caso de alumnos de Bacharelato, ademais, insistirase na descrición das situacións sinópticas e o seu recoñecemento. Para alumnos de Universidade ou outro tipo de grupos explicarase tamén o funcionamento dos modelos meteorolóxicos, a interpretación dos seus resultados e o uso da páxina web de Meteogalicia na que se poderá atopar toda a información que se precisa para realizar a predición. Tamén se deteñen, si é de interese, nun aspecto fundamental da meteoroloxía como é a detección e seguimento de fenómenos meteorolóxicos adversos e fan especial fan especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición.

Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros de ensinanza, como ás asociacións culturais. Para elo, ademais de incluír visitas ás instalacións de Meteogalicia en San Lázaro, tamén se explican os pasos esenciais que se deben dar para realizar as predicións meteorolóxicas. Na seguinte táboa indícanse por día os centros que participarán nesta actividade formativa.

Cando os visitantes chegan ás instalacións de Meteogalicia amósaselles a sala de predición, onde se explican as ferramentas que usan os técnicos para levar a cabo o seu traballo, así como unha explicación básica do proceso de predición meteorolóxica. Faise un especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición. Tamén se fai unha breve presentación, que representa unha toma de contacto coa meteoroloxía e á climatoloxía, que no caso de alumnos de Primaria e Secundaria serve para repasar os conceptos de diferenza entre tempo e clima, ciclo hidrolóxico, borrascas e anticiclóns, frontes, furacáns, tornados e imaxes de satélite, entre outros.

Para rematar, invítase ao alumnado a visitar unha mostra de aparellos meteorolóxicos, na que se explican os distintos sensores e a súa utilidade así como se dan algunhas pinceladas sobre o traballo de observación meteorolóxica e mantemento da rede de estacións meteorolóxicas deste organismo autonómico.

Meteogalicia recibe alumnos de colexios e institutos dende o seu comezo, hai 15 anos, xa que sempre se considerou unha parte fundamental da meteoroloxía dar a coñecer cómo se fan as predicións e medicións do medio atmosférico.

6 de abril de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.