publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 4150 visitantes pasaron esta Semana Santa polo Faro Vilán de Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñas
A-
A+

Máis de 4150 visitantes pasaron esta Semana Santa polo interior do Faro Vilán de Camariñas (e outros moitos imposibles de contabilizar en momentos de máxima afluencia) – case 800 máis respecto da Semana Santa do ano anterior. O venres superáronse as 1600 visitas, seguido polo xoves e o sábado que pasaron máis de 850 persoas cada día.

Máis do 60% dos visitante foron de Galicia, con case 2000 visitas da provincia da Coruña, seguidos de lonxe pola provincia de Pontevedra, Ourense e Lugo. Do resto de España, os madrileños foron os máis numerosos (máis de 400), seguidos de: Castela León, País Vasco, Castela a Mancha, Cataluña, Andalucía, Cantabria, Valencia e Asturias. Cabe sinalar que a maioría dos turistas estranxeiros procedían de Francia, Portugal e Sudamérica.

5 de abril de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.