publicidade hoxe

Luis Fraga será o pregoeiro da Moexmu 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O xornalista galego Luis Fraga será o pregoeiro da Moexmu 2015. A lectura do seu pregón terá lugar o vindeiro venres 10 de abril ás sete da tarde, despois do acto de inauguración.

Fraga (Ferrol, 1971) é un profesional dos medios de comunicación cunha longa traxectoria. Licenciado en Xeografía e Historia e Máster en Investigación aplicada á Comunicación pola Universidade Rey Juan Carlos, desenvolveu o seu traballo en radio (Cadena SER, Antena 3 Radio, Radiovoz) e en televisión. Neste medio adicouse fundamentalmente aos servicios informativos en Antena 3 Televisión, onde foi reporteiro, editor, editor-web e presentador de Noticias de Galicia e Las Noticias de la Mañana. Na TVG foi o conductor do programa Boas Tardes.

Outra faceta do noso pregoeiro é a docencia. Na Universidade Antonio de Nebrija imparte a asignatura Nuevos Formatos de Televisión dentro do máster de Reporterismo en Televisión.

Fraga colle o testigo, como pregoeiro, dun grupo de veciñ@s que puxeron en marcha a MOEXMU polos anos oitenta e que foron os encargados do pregón da edición do trinta aniversario.

Anteriormente, foronpregoeiros da MOEXMU: Alfonso Hermida, Paco Rivera, Santiago Jaureguizar, Trapero Pardo, Manuel Vila, o Carlos Herrero Latorre; son algún exemplos destas tres décadas.

Coma sempre, o venres será o día adicado a terceira idade. A comisión organizadora e o Concello de Cospeito poñerán catro autobuses para que este colectivo acuda ao Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

1 de abril de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.