publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Interceptados dous menores ao volante de senllos coches na Pobra do Caramiñal e Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalPortada dereitaSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Agrupación de Tráfico da Guardia Civil interceptaron o luns pola tarde, en diferentes controis de alcoholemia, a dous menores, de 15 e 17 anos, conducindo senllos coches malia carecer da autorización administrativa para facelo. Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico e a Guardia Civil, os feitos aconteceron case simultaneamente, con dez minutos de diferenza, en dous controis que se estaban a levar a cabo nas localidades coruñesas da Pobra do Caramiñal e outro en Teo.

No primeiro dos casos, na Pobra, sobre as 16,30 horas foi interceptado polos gardas un turismo con catro ocupantes e o seu condutor era un menor de 15 anos. En Teo, dez minutos despois, noutro control, tamén os axentes daban o alto a un turismo cun único ocupante, o seu condutor, que, tras ser identificado, resultou ser un menor de 17 anos. O vehículo que conducía este último estaba matriculado a nome doutro menor de 15 anos, precisaron as mesmas fontes.

En ambos os dous casos, os rapaces carecían de carné de conducir, polo que se instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade vial, que foron remitidas á Fiscalía de Menores da Coruña.

28 de abril de 2015 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.