publicidade hoxe

“Incubadora de proxectos” na estación de tren de Santa Cruz, en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Trátase dunha acción formativa e informativa para a mocidade, na que se tratarán temas relacionados cos programas de educación non formal, a busca da mellora das súas competencias na redacción e execución de proxectos e o coñecemento sobre programas xuvenis coma o Erasmus+, Iniciativa Xove. Voluntariado Xuvenil, Galeuropa… Máis información e inscrición: no Departamento de Cultura, no Telf: 981 814 691 ou en cultura@concellodevedra.com

PROXECCION DO DOCUMENTAL “UNITARIAS” SÁBADO 25 DE ABRIL ÁS 20 H NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA

Trátase da presentación deste documental gravado a finais do curso pasado no CRA de Boqueixón- Vedra na escola de San Xián no que participaron numerosos nenos e nenas desta escola, ademais dos pais e dos mestres que forman parte co CRA.

O documental narra a experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora analiza o pasado e presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación rural.

20 de abril de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.