publicidade hoxe

Incubadora de proxectos en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O Concello de Castrelo de Miño e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poñen en marcha o programa de educación non formal “Incubadora de Proxectos”. Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículum non formal da mocidade.Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.

Esta xornada levarase a cabo o 11 de abril ás 11.30 horas no Salón de Actos do Concello de Castrelo.

10 de abril de 2015 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.