publicidade hoxe

Gran éxito de inscrición na carreira pedestre de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

614 atletas formalizaron a inscrición na IV Carreira pedestre do Concello de Vimianzo, un dato moi importante para a organización xa que demostra que esta proba se vai consolidando entre os afeccionados ao atletismo, sendo Vimianzo un dos concello da Costa da Morte que máis destaca en número de corredores nos últimos tempos.

A IV edición da Carreira pedestre está incluída no Circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, no que participan nove concellos. Este ano o circuíto presetna unha novidade destacable xa que o importe recadado das inscrición da carreira 5K vai destinado á Asociación Provincial contra o cancro, do mesmo xeito que se ofrece a posibilidade de participar nesta causa solidaria ás persoas que non participan nas carreiras inscribíndose nunha fila 0.

O domingo día 26 a praza do Concello de Vimianzo será o punto de saída das diferentes categorías. Os primeiros en competir serán os 54 participantes das categorías infantil e cadete que comezarán a correr os 3.000m da proba ás 10 da mañá. Ás 10.30 daráselle saída á carreira 5K contra o cancro, na que participan as categorías xuvenil, absoluta masculina e feminina, cun total de 113 inscricións. Ás 11.15h. será a saída da proba 10K, de 10 Km homologados, das categorías sénior, M40 e M50, nas que contamos con 264 inscricións. Ás 12.40 horas será a saída das categorías benxamín e alevín, na que 90 inscritos percorrerán 1 km; e a última carreira da categoría pitufo, con 93 inscritos, sairá ás 13.00 horas.

Do total de 614 inscritos, 210 están inscritos no Circuíto de carreiras, no que só poden participar categorías adultas. Para poder copetir no circuíto é necesario participar nun mínimo de 6 probas.

Resulta relevante o número de inscrición nas categorías infantís de pitufos, con 93 inscritos, e benxamín e alevín con 90, o que demostra o auxe que está a coller o atletismo entre os nosos pequenos.

“O alto número de inscritos é unha moi boa nova para Vimianzo, maiormente para o sector hostaleiro, pois aos participantes á proba hai que engadir os acompañentes que veñen a Vimianzo e que fan gasto e crean ambiente na vila”, di o Alcalde.

23 de abril de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.