publicidade hoxe

Gonzalo Barreiro Gandos é a nova fichaxe do PP de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Gonzalo Barreiro Gandos

Gonzalo Barreiro Gandos

Unha nova fichaxe para a candidatura do Partido Popular de Cerdedo que encabezará José Balseiros, trátase do veciño de Pedre: Gonzalo Barreiro Gandos. Na anterior lista a parroquia de Pedre estaba representada polo concelleiro Manuel Lavandeira, que debido a motivos profesionais nestas novas eleccións ocupará un posto de suplente na lista (traballa de chofer e realiza viaxes por toda España o que o imposibilita para acudir a algúns plenos) e o seu posto na lista pasará a ser ocupado por Gonzalo Barreiro Gandos.

Esta elección tomada na tarde de onte polo candidato á alcaldía José Balseiros, baseouse principalmente na opinión dos propios veciños do lugar de Pedre, que tras varias reunións sempre mostraron un gran agarimo cara á súa persoa por tratarse dun veciño que sempre se mostra disposto a axudarlles nos diversos trámites ou tarefas que teñen que facer ante as administracións, axuda a buscar emprego, etc… facéndoo de forma totalmente desinteresada.

Gonzalo ademais conta cunha ampla experiencia no mundo da política, xa que foi concelleiro durante 17 anos en Cerdedo co anterior alcalde do Partido popular Jose Luís Jorge.  Trátase dunha persoa moi dinámica e moi preocupada polos asuntos veciñais e sempre ten no seu corazón non só o nome de Pedre senón tamén o de Cerdedo.

Do seu curriculum podemos destacar:

Foi Xuíz de Paz en Cerdedo entre os anos 2007 e 2011 e participou como administrativo no programa de desenvolvemento rural Proder e no Leader Plus. Así mesmo sempre colaborou estreitamente cos asuntos eclesiásticos, informatizando os datos dos rexistros eclesiásticos das parroquias de Pedre, Tomonde e Castro. Tamén destacan os seus traballos voluntarios, xa que foi dos creadores e membro activo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo. Tamén realizou os trámites para instaurar a bandeira oficial do Concello de Cerdedo, realizando todos os trámites ante o Consello Heráldico

14 de abril de 2015 | 13:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.