publicidade hoxe

Gardacostas e Garda Civil incautan unha embarcación en Moaña por non estar censada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Garda Civil do Mar incautaron nos últimos días unha embarcación en Moaña por estar pescando con nasas sen estar dada de alta no Censo da Frota Pesqueira Operativa. Esta actuación é froito do seguimento da actividade desta embarcación que estaba dada de baixa dende marzo de 2012. Ante a negativa do propietario a que os Gardacostas lle incautasen a embarcación, foi necesaria a actuación da Garda Civil.

Por outra banda, en Monteferro, Nigrán, os axentes de Gardacostas comisaron 40 quilos de percebe a un furtivo. Por iso, a Consellería do Medio Rural e do Mar lembra unha vez máis á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale e pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

30 de abril de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.