publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Frades organiza un obradoiro gratuíto a domicilio para coidadores de persoas encamadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades organiza un obradoiro de hixiene postural para persoas encamadas, unha iniciativa gratuíta dirixida a coidadores do municipio e que se impartirá de xeito totalmente gratuíto nas vivendas dos propios dependentes. O número de prazas é limitado, polo que aqueles veciños e veciñas que queiran participar neste curso deberán contactar cos Servizos Sociais do Concello de Frades (981 695 567).

Os coidadores de Frades aprenderán a mobilizar con seguridade ás súas persoas encamadas, así como técnicas para prever caídas e lesións. Tamén coñecerán o uso de dispositivos técnicos (grúas, camas…), coidados posturais e prevención de úlceras na persoa encamada, así como consellos para unha mellor hixiene do dependente. A iniciativa está organizada polo Concello de Frades e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.

6 de abril de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.