publicidade hoxe

Fisioterapia do solo pelviano en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Un ano máis, os Servizos Sociais do Concello de Cabanas organizarán un curso de fisioterapia do solo pelviano. Trátase esta dunha actividade dirixida tanto a muller como homes de calquera idade, pero con especial recomendación para as mulleres que tiveran partos, mulleres coa menopausa e homes con cirurxía de próstata.

O solo pelviano é o conxunto de músculos que pecha a pelve póla parte inferior e as súas funcións son asegurar a continencia e manter os órganos pelvianos no seu sitio como a vexiga, o útero, o recto ou a uretra. Desta forma, por medio desta fisioterapia do solo pelviana trátanse patoloxías como a incontinencia urinaria, os prolapsos, dores ou problemas nas relacións sexuais, estrinximento ou incontinencia fecal a feces ou gases.

Aquelas persoas que estivesen interesadas en participar nesta actividade, poden recadar máis información nos propios Servizos Sociais do Concello de Cabanas. O prazo para inscribirse na mesma rematará o día 11 de maio. Unha vez formalizado o grupo, entre as persoas participantes acordarase o día e hora para impartir este curso.

29 de abril de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.