publicidade hoxe

Finaliza o prazo de inscrición de expositores para a feira de artesanía e artigos de segunda man Arzúa Vende

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa organiza para o sábado dous de maio a cuarta feira de artigos de segunda man e artesanía. A cita, que leva o nome de ‘Arzúa Vende’, repite neste ano despois do éxito de participación e de vendas acadado nas edicións anteriores. O evento continuará co obxectivo de convertirse nun marco de compra e venda no que tanto os veciños e veciñas de Arzúa como tamén xente de fóra poidan vender ou mercar artigos de segunda man e obxectos de artesanía.

A feira celebrarase no Recinto Feiral Terra do Queixo dende as once da mañá e ata as oito do serán e conta xa cunha programación que ofrecerá durante todo o día diversas actividades.

A falta de dous días para pechar o prazo de inscrición, son máis de trinta expositores os anotados para participar neste evento.

A data límite para facelo é este venres, día 24 de abril, ás dúas do mediodía.

Os interesados en participar deberanse anotar de balde no Departamento de Cultura ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 981 815 297. As prazas son limitadas e cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

23 de abril de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.