publicidade hoxe

Fin de semana festeiro en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Esta fin de semana o Concello de Vedra contará cunha gran oferta de lecer con diversos festexos gastronómicos e patronais nas parroquias do municipio.

XIII FESTA DO CARNEIRO AO ESPETO EN SAN XIÁN DE SALES O 1 DE MAIO
 
A partir das 14.30 h o Campo da Festa de San Xián será o esceario desta romería gastronómica  co seguinte menú: Entrantes, carneiro, patacas, ensalada, pan, viño, refrescos, postre e café. Por un prezo de 18 € para as persoas adultas e de 12 € para menores de 10 anos. A festa estará amenizada polo Grupo Óbice.
 
FESTAS DO SAN PEDRO MÁRTIR EN MERÍN O 2 E 3 DE MAIO
 
SÁBADO 2 DE MAIO: Festa na hora a San Antonio.
Ás 10 h. Misa rezada e misa solemne ás 13.30 h. Sesión vermú co “Grupo Channel”. Pola noite gran verbena con “Grupo Channel” e “Gran Vía” e ao rematar “PHANTON DISCO” fará a presentación da tempada 2015.
 
DOMINGO 3 DE MAIO: Festa na hora da San Pedro Mártir
Misas rezadas ás 10, 11 e 12 h e misa solemne ás 13.30 h. Concerto e sesión vermú ca “Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla” e “Dúo Máster”.
Pola noite; ás 21 h. O contacontos CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN con “CONTOS QUE NON FALTEN”. A continuación gran verbena con: “DÚO MÁSTER” e “GRUPO MOSAICO”. Gran tirada de fogos de artificio a cargo de Pirotecnia Gaiteiro de Vedra
 
FESTA DA ORELLA EN SAN FINS DE SALES O 3 DE MAIO
 
Con ela o Campo da Festa do Souto será o lugar ideal para pasar unha xornada de festa na que a orella será a protagonista (tanto salgada coma dulce).  Pero ademáis co seguinte programa: ás 12 h misa solemne, ás 12.30 h Pregón a cargo de Carlos Martínez Carrillo (alcalde de Vedra); de seguido as seguintes actuacións musicais Grupo folclórico da Asociación Cultural Agarimo,  Charanga pola Corda(Sociedade Recreativa de San Xoán de Calo) e Pandereteiras Silandeira (San Xián) e a partir das 18.30 h actuación – presentación da nova tempada da orquestra ASSIA.

30 de abril de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.