publicidade hoxe

Fashion Night en Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

O vindeiro 17 de abril Sarria ábrese á moda. A SARRIA FASHION NIGHT, organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria- CCU, abrirá os comercios de Sarria dende as 4 da tarde ata as 12 da noite, convertendo á vila nunha gran pasarela para amosar as coleccións de primavera-verano de roupa, calzado e complementos. Un equipo de dinamizadores logrará que todos os visitantes poidan disfrutar desta gran xornada de portas abertas nos negocios da vila.

Nela poderánse ver as coleccións con modelos aficionados da comarca que queren botar unha man ao comercio da zona; desfilarán unha vintena de mozos e mozas, ademáis dun grupo de nenos e nenas, que están traballando coma se de profesionais se tratara.

A organización como agasallo quere que os modelos teñan un bonito recordo do seu paso polo desfile e así lles vai ofrecer unha sesión de fotografía no estudo de Víctor Formoselle, fotógrafo oficial do evento.

Os desfiles comezarán ás 18.00 da tarde e poderánse ver nas seguintes localizacións por orde cronolóxica: Olver’s, SantaMarta, Colorín Colorado, Lar de Menchu, Senayo, Calzados Veiga, Duet Moda – Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Mercería Sarillo, Cris Abad, e Moncho Moda. Ademáis Óptica Malecón pón as gafas dos modelos e contamos cos mellores profesionais da perruquería da vila representados por Manuel Estilistas, “Peluquería Estilo”, “Peluquería Enredos” e “Aluma Peluqueros”.

A SARRIA Fashion Nigth contará ademáis cun equipo de actores que dinamizarán o evento en todo momento. Ademáis os visitantes poderán participar nun petisco ou cóctel en todas as tendas e negocios que participan no evento.

Un equipo de 20 profesionais  de ACES levan traballando perante todo o mes pasado para que non falte ningún detalle.

A SARRIA Fashion Night – Noite Aberta é un evento dinamizador do comercio de proximidade que pretende ser unha ventá aberta para as coleccións de primavera-verán pero ademáis un acto social de encontro entre o comercio da comarca e os seus clientes.

10 de abril de 2015 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.