publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado no parque natural de O Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que durante este martes afectou ao parque natural de O Xurés puido ser extinguido finalmente durante a noite, tras calcinar unha superficie estimada de 15 hectáreas, segundo datos da Consellería de Medio Rural.

Durante toda a xornada do martes, efectivos de loita contra incendios traballaron na extinción deste lume, que se declarou sobre as 11.00 horas do martes na parroquia de Río Caldo, no concello ourensano de Lobios.

Os labores de extinción víronse dificultados pola presenza de zonas rochosas e problemas de acceso dos dispositivos terrestres ata a zona, situada no parque natural de O Xurés.

Ao longo do día colaboraron nas tarefas para apagar o lume un total de 6 helicópteros, 8 brigadas, 2 axentes, 1 grumir e 2 motobombas, entre outros medios. O lume foi controlado a última hora da tarde e deuse por extinguido sobre as 22.15 horas.

1 de abril de 2015 | 09:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.