publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello da Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán da Mezquita, na parroquia da Vilavella. O lume iniciouse ás 22:36 horas de onte e quedou extinguido ás 16:27 horas de hoxe. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 8 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión. A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

8 de abril de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.