publicidade hoxe

Exposición dos traballos de Brosladeiras na Casa das Palmeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa das Palmeiras acollerá unha exposición cos traballos da asociación de bordadoras Brosladeiras de Neda durante esta fin de semana. Inauguraráse este venres, 17 de abril, ás 19 horas, e permanecerá a disposición do público ata o domingo, en horario de mañá –de 11 a 13 horas –e de tarde -de 16,30 a 21 horas-. A entrada é libre e gratuíta.

Na mesma, a veintena de mulleres que participan da asociación mostrarán os seus traballos de bordado a man, tal que manteis e sábanas, entre outros. Unha mostra con carácter anual que levan realizando uns dezaoito anos.

16 de abril de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.