publicidade hoxe

Encontro sociolingüístico, música e moito máis cos alumnos do EIS de Salvaterra de Miño e de Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizSalvaterra de Miño
A-
A+

O 29 de abril o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e o CPI de Mondariz participou nunha xornada de convivencia e traballo sociolingüístico. As actividades -programadas polos equipos de Dinamización Lingüística, Bibliotecas e os departamentos de Lingua e Matemáticas de ambos centros-, deron continuación a unha xornada semellante que tivo lugar o curso pasado no concello de Mondariz.

Pola mañá, a rapazada tomou as rúas para realizar un ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO USO DO GALEGO NO SECTOR SERVIZOS no noso Concello. Para isto,  pasaron enquisas nun total de 120 establecementos. Despois,  na Casa da Cultura dixitalizouse a información, elaboraron estatísticas e realizaron as reflexións sociolingüísticas pertinentes.

Tras unha mañá de traballo intensivo, recuperaron folgos cun xantar no parque da Canuda. Enfiaron así a tarde para achegarse ao mundo da música contemporánea na nosa lingua, coa actividade que puxo o colofón á xornada: GARCÍA MC, vocalista dos Grupos Dios ke te crew (DKTC) e Labregos do Tempo dos Sputniks que desenvolveu un obradoiro HIP HOP no noso instituto.

Para levar a cabo esta xornada contamos coa total colaboración e apoio do Concello de Salvaterra.

30 de abril de 2015 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.