publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas evacuadas a causa dun incendio na súa vivenda no Barco de Valdeorras

Europa Press

Dúas persoas, un home e unha muller, foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia a un centro sanitario a causa dun incendio que se produciu na vivenda na que residían no municipio do Barco de Valdeorras (Ourense). Segundo informou este martes o 112, o incendio tivo lugar sobre as 19,30 horas do luns nun ático situado na rúa Vicente Risco, no Barco de Valdeorras.

Os efectivos do GES de Valdeorras indicaron que o motivo da evacuación fora a inhalación de fume. Ademais, indicaron que o lume comezara na cheminea da casa e se estendera ata o teito.

Foi un particular o que alertou ao CAE 112 Galicia sobre as 19,30 horas do luns do incendio, tras o que solicitou a intervención dos Bombeiros de Valdeorras, Policía Local e Guardia Civil de Ourense, ademais do GES e de Urxencias Sanitarias, que levou as dúas persoas ao Hospital de Valdeorras.

28 de abril de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.