publicidade hoxe

Deteñen ao suposto autor dos delitos de violencia de xénero e lesións en Vilanova de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilanova de Arousa
A-
A+

A Garda Civil detivo a GJ.F.M., de 28 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa, como suposto autor dos delitos de violencia de xénero e lesións con arma branca. Na madrugada do pasado domingo, día 12, recíbese aviso dun altercado nun domicilio de Vilanova de Arousa.

Desprazada ao lugar unha patrulla do Posto da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa, procédese a solicitar información dos alí presentes, manifestando unha das suposta vítimas que o seu compañeiro, tras manter unha discusión con ela, tentouna agredir fisicamente e despois de mediar na situación a súa nai e irmán, tentou facelo cun coitelo, que colleu na cociña, resultando ferido de arma branca o seu irmán, quen recibiu tres puntos de sutura no seu brazo dereito.

Por todo iso procedeuse á detención do suposto agresor que foi conducido ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias. O detido, que carece de antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Vilagarcía de Arousa, quen decretou o seu ingreso preventivo no Centro Penal da Lama.

14 de abril de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.