publicidade hoxe

Cristian Muíño e Marinela Mallo gañan a carreira pedestre Batalla de Cacheiras 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTeo
A-
A+
Carreira pedestre Batalla de Cacheiras

Carreira pedestre Batalla de Cacheiras

A Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2015, disputada este domingo, tivo como gañador absoluto a Cristian Muíño, corredor de Coristanco do Club Deportivo Muditos Costa Da Morte. Culminou os 11.000 metros da proba nun tempo de 38 minutos e 30 segundos. A gañadora feminina absoluta foi Marinela Mallo de Ames. Fixo un tempo de 47 minutos e 30 segundos.

Na categoría absoluta, tras o gañador, Cristian Muíño, entrou en segunda posición, Manuel Vieites, deportista de Cuntis pertencente ao Ourense Atletismo Academia postal. En terceira posición chegou á meta Miguel Cabo, veciño de Ames encadrado club Atletismo Milladoiro.

Na clasificación feminina, tras a gañadora Marinela Mallo, a segunda praza acadouna Eva Isabel Babiano, corredora independente. O podio feminino completouno Lara Buig, corredora de Boiro.

As diversas categorías nas que se dividía esta carreira absoluta completaron os pódiums desta proba. Así na categoría Júnior-Promesa o primeiro clasificado foi Adrián Iglesias, seguido de Cristian Penas e David Ardións. Na categoría sénior os tres primeiros postos foron para José Manuel Iglesias, Miguel Iglesias e Manuel Rey, entre os homes e Teresa Carneiro, Ángeles Pereira e Gloria María Prada, entre as mulleres.

Nas categorías de veteranos venceron José Carlos Buján e María José Grobas na categoría A, José Suárez e Ana María Suárez na B e Ramiro Pérez e María Rodríguez na C.

O concelleiro de Deportes de Teo, Anxo Rey, encargouse da entrega dos premios e trofeos da carreira e destacou a elevada participación que rexistrou, uns 180 inscritos nas categorías adultas e case 400 nas categorías escolares. O edil agradeceu tamén a colaboración de diversas entidades neste evento deportivo. Ademais dos gañadores absolutos os atletas teenses clasificados en primeiro lugar na súa respectiva categoría tamén recibiron un trofeo e un bono de 3 meses de abono á Piscina municipal cuberta da Ramallosa.

Resultados das categorías escolares

Nas categorías escolares, en pitufos os gañadores foron Martí Miguens e a teense Claudia Castro. En prebenxamín, as victorias foron para Nuno Castro e para a tamén teense Lía Bóveda. En benxamín, o gañador masculino foi Yago iglesias e Sofi Dodman a feminina. En canto aos alevíns, venceron o teense Rodrigo Méijome e Xiana Brea.

No que respecta á categoría infantil, resultaron gañadores Sergio Carballal e María Ángel Ruíz. En cadetes, gañaron Alejandro Silva e a atleta de Teo Patricie Viadel. E en xuvenís, triunfos de Yassine Bassami e Rosalí Rodríguez-Gigirey.

A carreira tamén distinguiu o centro escolar con máis participantes, o CEIP A Ramallosa e ao mellor equipo, o Noitebra F.C.

Datos da carreira

A Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras desenvolveuse baixo o control técnico da delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, con participación de corredores federados e non federados.

A proba de categoría pitufos tiña un percorrido de 200 metros, os benxamíns 500, e os benxamíns e alevíns mil metros de distancia. Infantís, cadetes e xuvenís competiron en 3.500 metros. E a proba absoluta, para os grupos de idade junior, promesa, senior e veteranos, disputouse ao longo de 11.000 metros.

Para ver os resultados completos podes facelo a través da web emesports.es

20 de abril de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.