publicidade hoxe

Cotobade anuncia a data da IX Feira de Cuspedriños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

A festa terá lugar durante todo o día no entorno da capela, o parque, o mercado e as carballeiras de Cuspedriños en San Xurxo de Sacos. O Concello, dá a coñecer a data na que terá lugar a xa tradicional, Feira de Cuspedriños. Este ano será o primeiro domingo do mes de xuño, o día 07 .

Como todos os anos poden xa solicitar espazo ou posto para a Feira, todos os artesáns e produtores que desexen participar. Para facelo deberán presentar unha solicitude ao efecto no Concello de Cotobade Esta solicitude está na páxina web do concello e é aberta e gratuíta. Despois os postos serán seleccionados en función do interese que aporten á feira.

21 de abril de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.