publicidade hoxe

Coro Piñeiro visita a residencia de maiores de Quiroga para coñecer as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaQuiroga
A-
A+

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, acompañada do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, visitou hoxe a residencia de maiores da localidade para pulsar a súa realidade e coñecer de primeira man as demandas do responsable, dos traballadores e dos usuarios, cos que mantivo unha xuntanza.

A secretaria xeral está a realizar unha rolda de visitas aos centros residenciais públicos de Galicia co obxectivo de analizar de cerca as necesidades e as inquietudes vencelladas aos mesmos, tanto no plano material, como persoal, ou de recursos humanos.

A Consellería de Traballo e Benestar oferta nesta residencia 88 prazas públicas de maiores ás que destina anualmente preto de 1,3 millóns de euros. Piñeiro destacou que os maiores son unha prioridade para o Goberno galego. En concreto, na provincia de Lugo ofértanse preto de 2.000 prazas públicas para maiores, un 36% máis que en 2009.

Así mesmo, engadiu que o departamento autonómico incide de xeito notable na promoción da autonomía de persoas que, pese a residir en centros asistenciais, deben ter a oportunidade de envellecer de forma activa, retrasando todo o que sexa posible o deterioro físico e cognitivo propios da idade e evitando deste xeito a chegada ou o agravamento das situacións de dependencia.

10 de abril de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.