publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Devesos en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueiraSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do lume forestal rexistrado no municipio coruñés de Ortigueira, na parroquia de Devesos. O lume iniciouse ás 21:15 horas de onte, domingo, e quedou controlado ás 13:21 horas deste mediodía. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 50 hectáreas, das cales 42 son de monte raso e 8 arboradas. Nos labores de extinción traballan 9 axentes forestais, 13 brigadas, 1 equipo do GES, 8 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

6 de abril de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.