publicidade hoxe

Concurso  da camisola do XX Asalto ao Castelo en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Con motivo desta XX edición do Asalto ao Castelo, os organizadores decidiron premiar a fidelidade dos seguidores da festa mediante un concurso de fotografía. Aínda que xa falta menos para a presentación do novo deseño da camisola deste ano, os gañadores desta inocente competición terán o privilexio de obtela antes que o resto. Os dous primeiros clasificados serán premiados coa nova prenda deste 2015 e serán fotografados con ela para presentala en primicia. As bases do concurso son: 

– Enviar unha única imaxe na que aparezan visibles calquera das camisetas de anteriores edicións.

‐ A foto pode ser tomada onde se queira e como se queira.

‐ Podera ser enviada en calquera formato e con calquer efecto. Terase en conta a creatividade, non a técnica.

‐ Só seran validas as fotografias que se envíen por mensaxe privada ao perfil do Facebook do Asalto ao Castelo.

– As imaxes serán subidas ao perfil do Asalto ao Castelo da mesma rede social a medida que se vaian enviando.

‐ Os donos das dúas fotos que máis “Gústame” obteñan serán os gañadores.

O prazo comeza hoxe, martes 14 de abril, e remata o xoves 23 de abril ás 23:59h.

14 de abril de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.