publicidade hoxe

Conclúen as obras de ampliación da rede de abastecemento en Esteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira informou esta mañá do remate das obras de ampliación da rede de abastecemento de augas no lugar de Hedreiros, na parroquia de Esteiro. Unha intervención que permite avanzar no obxectivo de extender e renovar a rede de abastecemento que dá servizo aos diferentes lugares e parroquias do municipio.

Así, a través desta intervención, o Concello ampliou e completou a rede de abastecemento municipal ata a zona de Hedreiros mediante unha conducción superior ao kilómetro de lonxitude. Nesta liña, os traballos contemplaron a instalación das tuberías correspondentes, válvulas e desaugues ou arquetas, así como a execución das acometidas domiciliarias ás vivendas actuais do lugar citado. Unha actuación, esta última que o Concello concluía a pasada semana.

Os traballos contaron cun orzamento duns 43.000 euros e financiáronse con fondos propios municipais. Deste xeito, o Concello continúa avanzando no seu obxectivo de facilitar á veciñanza o acceso a un servizo básico.

14 de abril de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.