publicidade hoxe

Comezan os traballos de pavimentación en aglomerado en Carballás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Dentro do plan de obras que executa o Concello de Cerdedo iniciáronse no día de hoxe os traballos de pavimentación en aglomerado quente no lugar de Carballás. Tras finalizar como estaba previsto no día de onte no lugar de Cavadosa, hoxe iniciáronse estes traballos en Carballás que se pretenden acabar entre hoxe e o día de mañá. Esta actuación serve para mellorar os accesos a estes núcleos de poboación que tiñan o firme dos viarios moi deteriorado. Neste mesmo viario está a executarse o levantamento de anacos de pavimentación onde as raíces do arboledo danaban a superficie retirando as mesmas e colocando pedra para nivelar o firme e posteriormente aglomerar.

Esta obra está a ser realizada pola empresa Narom, xa que o Concello non dispón da maquinaria necesaria para executar a obra por administración, e pertence ao plan de obras da Deputación Provincial.

Posteriormente a mesma empresa iniciará os traballos en Vilalén pertencentes ao PEIM de Medio Rural, estando programado para esta mesma semana iniciar os traballos.  

8 de abril de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.