publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comeza o ciclo de contacontos para conmemorar o Mes dos Libros e o das Letras en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

Mañá sábado 11 de abril ás 12:00 comeza en Chantada o ciclo de contacontos para conmemorar o Mes dos Libros e o das Letras. Será Raquel Galavís a encargada da sesión de mañá, que consiste nun contacontos con música e imaxes proxectadas.

Aproveitaremos para celebrar o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que por coincidir en plena Semana Santa trasladamos a súa celebración para mañá sábado.

Os sábados 25 de abri, 9 e 16 de maio teremos novas sesións de contacontos. Estas actividades están organizadas pola Biblioteca Pública Municipal coa colaboración do Concello de Chantada e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cutura, dentro do programa Ler Conta Moito.

10 de abril de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.