publicidade hoxe

Comeza en Mos o programa preventivo “Cero gotas, infinitas ideas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosO PorriñoSalceda de Caselas
A-
A+
Cero gotas, infinitas ideas

Cero gotas, infinitas ideas

Hoxe deu comezo o programa de promoción de ocio saudable e prevención do consumo de alcohol e outras drogodependencias entre a mocidade, levado a cabo conxuntamente entre os Concellos de Mos, Porriño e Salceda de Caselas. Hoxe, xoves 9 de Abril, os destinatarios da actividade foron os mozos e mozas de 2º da E.S.O dos tres municipios, mentres que o vindeiro xoves 16 de abril serano os alumnos de 4º da E.S.O e o venres 17 de abril os de 3º da E.S.O.

Esta iniciativa leva por título “Cero gotas, infinitas ideas”  e atópase incluída dentro do programa “Menores nin unha gota”. Os estudiantes mosenses que hoxe realizaron a actividade foron os de 2º de la E.S.O. do IES de Mos e do Colexio LAR e a semana que ven levarana a cabo os alumnos de 4º e 3º da E.S.O. de ambos centros tamén.

Cada unha destas xornadas consiste na recollida por parte dos autobuses en cada centro, de maneira que ás 9:45 horas chégase ó local destinado para a actividade (uns días é o Eclipse, en Salceda de Caselas, e outros o Estudio 57, no Porriño).

A continuación preséntase a actividade, con animación do grupo de teatro Xerpo, e o músico Gonzalo Campanella, mestre de Educación Musical especialista en dificultades de aprendizaxce e procesos cognitivos.

De seguido masterclass da campiona mosense de España de baile deportivo Patricia Martínez para continuar coa dinamización a cargo de Xerpo e Gonzalo Campanella, de maneira que o alumnado participe nas diferentes actividades.

Posteriormente impártese unha charla sobre prevención do consumo de alcohol por parte de Marcelo Vidal, mestre da Escola de Hostalería, do Instituto Lamas de Abade, cunha longa traxectoria na colaboración na prevención das drogodependencias. Marcelo e o seu equipo fálanlles ós rapaces sobre os efectos do consumo alcohol, e do abuso do alcohol masivamente as fins de semana, e como pode afectar nas idades nas que eles se atopan, tanto a nivel físico como cognitivo. Ademais, amósalles as alternativas de consumo, cun obradoiro de cócteles e bebidas saudables, con degustación por parte dos mozos e mozas.

De novo volta a dinamización por parte de Xerpo e Gonzalo Campanella seguida dunha masterclass de bailes urbanos por parte dos mestres das escolas de música e danza MaiSon, e Isaura. Así remata a xornada para proceder, por último, á recollida dos autobuses e chegada a cada centro educativo.

9 de abril de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.