publicidade hoxe

Cervo entrega 14 composteiros e un cento de bolsas reutilizables para a separación de residuos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Entrega das bolsas

Entrega das bolsas

O Concello fixo entrega hoxe dun novo lote de 14 composteiros ao mesmo número de familias. Desta maneira son xa 144 fogares os que practican compost. Ademais, todas as familias que nos últimos anos recibiron un composteiro e que participan no programa de compostaxe doméstica do Concello foron convocadas a asistir a este acto, no que se lles entregou un lote de 3 bolsas reutilizables para separar o lixo na casa, unha para envases lixeiros, outra para papel e outra para vidro.

Un material que vai na mesma liña que os composteiros, de promover “el cuidado de nuestro entorno, gestionando los residuos que generamos en el hogar de forma responsable”, asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. 

Un acto no que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, e un veciño con anos de experiencia na práctica da compostaxe, Plácido Pérez, e que como en todas as entregas, colabora co Concello explicando aos usuarios a mellor forma de utilizar o composteiro, dándolles indicacións sobre que tipo de restos botar ou onde instalalo así como aclarar dúbidas. 

Cabe destacar que o Concello entrega os composteiros de forma gratuíta, pero sempre co compromiso de que os beneficiarios os destinen a reutilizar os residuos do fogar. De feito, a administración local tamén se encarga de velar polo correcto funcionamento do programa, asegurándose de que os composteiros se utilizan para o fin para o que foron repartidos, así como de asesorar e apoiar aos usuarios.

Ao mesmo tempo, a edil de Medio Ambiente quixo destacar o papel dos veciños, “que son los que mantienen vivo el programa, porque son ellos los que se interesan por practicar el compostaje”. Desta maneira, “nuestro agradecimiento a todas estas familias que se involucran en cuidar el medio ambiente y en reutilizar los residuos”.

8 de abril de 2015 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.