publicidade hoxe

Cedeira adxudica as obras de urbanización dunha nova rúa paralela ao campo municipal de fútbol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira informou esta mañá da adxudicación das obras de urbanización dunha nova rúa paralela ao campo municipal de fútbol do Beco. Os traballos, segundo explicou o alcalde, Luis Rubido, contan cun orzamento superior aos 52.000 euros e un prazo de execución de tres meses. A intervención, segundo o calendario que marca o procedemento administrativo, podería comezar nos próximos quince días. A urbanización do citado vial contempla os traballos de pavimentación, a instalación das redes de servicio necesarias –abastecemento e saneamento de augas pluviais-, así como a execución dun murete de formigón armado paralelo ao peche existente do campo de fútbol de cincuenta metros de lonxitude e un de altura. Así mesmo, levaráse ao cabo o pintado dos pasos peatonais na confluencia do vial coa rúa Deportes e a instalación da sinalización vertical necesaria para o correcto funcionamento da circulación rodada e peonil.

A intervención facilitará a mobilidade no entorno do pavillón polideportivo, estación de autobuses, instituto, campo de fútbol e tanatorio. Especialmente, porque permitirá gañar medio centenar de prazas de estacionamento moi necesarias na zona. Trátase da primeira fase dunha actuación máis ambiciosa e finánciase con cargo a unha subvención concedida pola Deputación provincial da Coruña.

23 de abril de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.