publicidade hoxe

Catoira conmemora o Día do Libro con teatro e música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

O Concello de Catoira programou dúas actividades para conmemorar o Día do Libro, que se celebra hoxe. O sábado 25, ás 20:30 horas, represéntase no Auditorio Municipal a obra “O show imaxinario”, de Cayetano Lledó. Trátase dun divertidísimo espectáculo de improvisación teatral onde os espectadores son á vez público e guionistas. Antes do comezo do show, cada espectador terá que cubrir unha tarxeta cunha frase da súa libre elección. As frases dos espectadores serán empregadas sobre o escenario producindo inesperados e divertidos xiros de argumento.

O domingo 26 é o turno dos máis pequenos. Para eles actúa Paco Nogueiras, tamén no Auditorio, co seu exitoso espectáculo “Brinca Vai! De aquí a acolá”, baseado no seu libro-disco “Brinca Vai!”, un libro para ler, ver e escoitar. Inclúe 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica. Esta actuación están subvencionada polos programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura.

A entrada ós dous espectáculos é libre ata completar aforo.

23 de abril de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.