publicidade hoxe

Cabanas participa nos encontros de centros para unha convivencia positiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Concello de Cabanas acudirá este próximo venres e sábado ó Instituto Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, par participar na terceira edición dos “Encontros de centros para unha convivencia positiva”, que este ano teñen como tema principal a coeducación. A estas xornadas acudirán dous alumnos do equipo de mediadores xuvenís xunto coa orientadora do IES Fragas do Eume e a educadora familiar de Cabanas.

As xornadas este ano está abertas non só ós profesores e alumnos dos servizos de mediación, senón tamén ás familias, con charlas formativas para os distintos sectores, así como dinámicas de experiencias para o profesorado, co obxectivo de que sirvan para mellorar a convivencia.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa Municipal de Acción Social coa Mocidade, subvencionada pola Deputación da Coruña e a través do que o Concello de Cabanas promoveu a creación do grupo de mediación xuvenil no IES Fragas do Eume. O obxectivo a perseguir por medio deste grupo é o de fomentar a convivencia positiva da comunidade educativa e o grupo está formado por un grupo de alumnado formado na metodoloxía da resolución de conflitos.

16 de abril de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.