publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Buscan a un septuaxenario que permanece desaparecido dende o martes en Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraSucesos
A-
A+
Europa Press
Septuaxenario desaparecido

Septuaxenario desaparecido

Voluntarios de Protección Civil de Cedeira (A Coruña) participan este mércores na busca dun septuaxenario veciño do municipio que permanece desaparecido dende a tarde do martes. Segundo informou Protección Civil, o desaparecido é o veciño de Cedeira Francisco Javier Arribi López, de 75 anos de idade, que vive enriba do bar Santo Antón Antón.

Fontes da Guardia Civil explicaron que o septuaxenario saíu sobre as 15,30 horas do martes 14 de abril a pasear e xa non regresou ao seu domicilio.

Ás 22,30 horas familiares alertaron o Instituto Armado e levouse a cabo unha primeira batida para tratar de localizalo, pero non se atopou o desaparecido. Protección Civil indicou que a última vez que foi visto foi sobre as 20,00 horas do martes na ponte da Acea.

Este mércores colaboran na busca veciños, familiares do desaparecido, así como Protección Civil e patrullas de Seguridade Cidadá da Guardia Civil, ante a que, ata a data, non se presentou denuncia da desaparición.

O septuaxenario desaparecera hai uns dous anos, tras o que fora localizado tirado nunha cuneta.

15 de abril de 2015 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.