publicidade hoxe

Brión acolle a representación da comedia “Paga e cala” do grupo de teatro Tiruleque

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónCalendario
A-
A+

O centro social polivalente de Brión acollerá mañá sábado 11 de abril a representación de “Paga e cala”, unha comedia do grupo de teatro “Tiruleque”. Un espectáculo incluído no ciclo de teatro afeccionado “Teatro… e punto”, organizado polo Concello de Brión, e que terá lugar a partir das 20:30 horas. A obra está recomendada para todos os públicos e a entrada é libre e de balde.

“Paga e cala” é unha comedia escrita e dirixida por Pepe Prada que conta os problemas que ten unha compañía teatral que, mentres está realizando un ensaio xeral previo á súa estrea, recibe unha notificación que anuncia unha catástrofe económica para a compañía, que ve ameazada a estrea da obra e o seu futuro por culpa dunha chantaxe de difícil solución.

10 de abril de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.