publicidade hoxe

Beatriz Mato reúnese co alcalde de Beariz para abordar temas de interese en materia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBearizOurense
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Beariz. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Beariz. Foto: X. Crespo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse hoxe co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para analizar distintos proxectos do rexedor en materia social, un eido no que destacou a súa proposta de crear un centro de atención á infancia, no que se puidesen desenvolver distintas actividades para cubrir as necesidades de conciliación. Neste sentido, a conselleira comprometeuse a analizar a viabilidade desta posible actuación.

O rexedor tamén foi informado das distintas convocatorias de ordes de axuda dirixidas aos concellos e que aínda están pendentes de publicar neste exercicio

8 de abril de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.