publicidade hoxe

As dependencias municipais de Curtis e Teixeiro albergarán dous gravados da artista Ánxeles Penas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello de Curtis adquiriu dous gravados da artista curtiense Ánxeles Penas para as dependencias municipais dos pobos de Curtis e Teixeiro, obras incluídas na súa última exposición ‘Experimentos e matrices’, clausurada onte, día 15 de abril, na Coruña. A adquisición dos gravados, ‘A ave de Minerva’ e  ‘Pasaxe secreta’, enmárcase na aposta do goberno local por potenciar a cultura propia e revalorizar e dar visibilidade aos artistas locais, segundo destacou o alcalde Javier Caínzos, que acudiu a ver a mostra acompañado de Ramon Seoane, ex Comisario Principal do Corpo Nacional de Policía, nomeado Embaixador do municipio en 2010.

Ánxeles Penas, natural de Teixeiro, está considerada unha das artistas máis completas do ámbito cultural galego xa que non só é recoñecida pola súa faceta de pintora e escultora, senón tamén como escritora e poeta.

16 de abril de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.