publicidade hoxe

Amplíase o horario de apertura da sala de informática de Neda ás tardes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda abrirá a partir dagora a Aula de Informática ubicada na Casa da Cultura en horario de tarde. A medida será efectiva dende mañá venres, 10 de abril, e así, os novos horarios serán de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, sinalou que a ampliación do horario de apertura será posible grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol en materia formativa. A través do mesmo, un estudante de Administración de sistemas informáticos en Rede completará a súa etapa formativa mediante a realización de prácticas non profesionais. Incorporouse o pasado 30 de marzo, coa previsión de cubrir un periodo de 384 horas que concluirá o 18 de xuño.

Así mesmo, adicaráse á revisión dos equipos informáticos e, tamén, do funcionamento da páxina web municipal. Neste sentido, o Concello reitera o seu compromiso en continuar fomentando esta línea de colaboración co CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, contribuíndo á formación de estudantes de últimos cursos e doutro tipo de acción formativa como a actual.

9 de abril de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.