publicidade hoxe

Activo un incendio forestal rexistrado no concello da Mezquita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MezquitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora rexistrado no municipio ourensán da Mezquita, na parroquia da Vilavella. O lume iniciouse ás 22:36 horas de onte e, segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30 hectáreas de monte raso. Nos labores de control traballan 1 técnico, 3 axentes forestais, 4 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

8 de abril de 2015 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.