Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Benestar en Balnearios
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia abre o prazo de presentación de solicitudes do Programa de Benestar en Balnearios 2015. Un programa que oferta estadías de 10 días e 9 noites con tratamentos termais, aloxamento, manutención e animación sociocultural nos seguintes establecementos, quendas e prezos:
ESTABLECEMENTO |
QUENDA |
PREZO |
ACUÑA |
do 16 ao 26 de xuño e do 30 de setembro ao 9 de outubro |
377,50 € |
ARNOIA |
do 7 ao 16 de xullo |
377,50 € |
AUGAS SANTAS |
do 7 ao 15 de xullo |
398,61 € |
BAÑOS DA BREA |
do 22 de xuño ao 1 de xullo e do 2 ao 11 de xullo |
377,50 € |
BAÑOS DE MOLGAS |
do 3 ao 12 de xullo e do 14 ao 23 de setembro |
316,64 € |
CALDELAS DE TUI |
do 28 de setembro ao 7 de outubro |
316,64 € |
GRAN BALNEARIO (CARBALLIÑO) |
do 18 ao 27 de xuño e do 17 ao 24 de setembro |
316,64 € |
CARBALLO |
do 6 ao 15, do 18 ao 27 de xullo e do 17 ao 26 de setembro |
377,50 € |
TERMAS DE CUNTIS |
do 22 de xuño ao 1 de xullo, do 1 ao 10 de xullo, do 22 de setembro ao 1 de outubro e do 1 ao 10 de outubro |
398,61 € |
LAIAS CALDARIA |
do 25 de xuño ao 4 de xullo |
398,61 € |
LOBIOS CALDARIA |
do 13 ao 22 de outubro |
377,50 € |
RÍO PAMBRE |
do 16 ao 25 de xuño |
377,50 € |
TERMAS ROMANAS |
do 23 de xuño ao 2 de xullo, do 3 ao 12, do 13 ao 22 de xullo, do 23 de xullo ao 1 de agosto, do 25 de agosto ao 3 de setembro e do 4 ao 13 de setembro |
398,61 € |
Para solicitar a participación neste programa teñen que cumprirse os seguintes requisitos:
– Ser maior de 60 anos ou pensionista maior de 55 anos para pensionista da Seguridade Social (xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións)
– Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria
– Non padecer enfermidades infecto-contaxiosas ou trastornos mentais ou conductuais que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da quenda.
– Tamén poden participara os fillos/as cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 13 de maio de 2015