publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta pon en marcha as medidas de protección da Praia das Catedrais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRibadeo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, está a tomar distintas medidas encamiñadas á protección do espazo natural da Praia das Catedrais, tal e como se contempla no Plan de Conservación. Con estas medidas tamén se busca promocionar o turismo ao efecto de reforzar o enorme potencial turístico do monumento e da comarca, para que a ordenación do espazo redunde na economía local, como o tiñan solicitado as asociacións na primeira exposición pública do documento.

Co fin de levar a cabo o coidado desta zona protexida, a Xunta contratou a 5 guías durante once días Hai uns días, levouse a cabo a formación destes axentes, que están a quendas, dente o pasado venres, 27 de marzo, ata o vindeiro domingo, 5 de abril. Destacar que traballan 3 guías ao mesmo tempo en horario de 10.00 horas da mañá ata as 20.00 horas, ininterrumpindo unha hora a súa xornada para comer, pero de forma rotatoria, é dicir, sempre haberá, como mínimo, dúas persoas traballando.

Por outra parte, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza adiantou que estes mesmos axentes volverán a traballar os restantes 52 días en verán, en principio desde o 24 de xullo ata 13 de setembro.

Con isto, tratarase de facilitar un goce axeitado aos visitantes. Así, reforzarase a información a través dos guías especializados, no propio enclave e nas alternativas turísticas da contorna, e incrementarase tamén a vixilancia para evitar actuacións que degraden o medio.

Sinalar que o Plan de Conservación das Catedrais establece unha regulación do uso público ao obxecto de garantir a conservación do espazo, que é un dos máis visitados de Galicia. Con isto o Executivo autonómico ten como un dos obxectivos principais obxectivos a conservación e protección deste entorno, declarado monumento natural en 2005.

Desde o principio, a Xunta agarda que todos, tanto as institucións como os colectivos e asociacións veciñais, coas que se mantiveron varias reunión, sumen esforzos para acadar o obxectivo común de preservar un espazo único, mostra excepcional de incalculable valor e que, segundo recalcaron, todos temos a responsabilidade e o deber de conservar.

1 de abril de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.